jueves, 29 de julio de 2010

Cisnes


De nada sirve darle más vuletas, de nada vale perder más tiempo pensando, es el momento de tomar decisiones, y aun no me veo capacitado como para ello.

Seguiremos dandole vueltas eternamente?, o por el contrario encontraremos el camino de regreso como Ulises?

Dejemos pasar el tiempo, veremos que es lo que sucede al final, a fin de cuentas es el tiempo el que nos dice si hemos o no acertado, encontrado el camino de regreso a Itaca.

sábado, 24 de julio de 2010

Dende o Facho


E xa van uns cantos anos que non subo ata aquí, xa vai unha chea de tempo que non podo disfrutar de todo aquilo que me gusta, ainda que non perdo a esperanza de que todo poida trocar.

A elección desta imaxe é simplemente porque é a última que tomei dende ahi, e porque agardo que ainda que non sexa pronto, poida voltar a facer moitas máis.

Teño que conseguir ter algo de tempo, teño que voltar a sair e ter vida, teño que vivir.

lunes, 19 de julio de 2010

Rochas


Moitas das miñas imaxes son do mesmo sitio, ainda que dende este lado moitas menos.

Segue a ser impresionante se mire por onde se mire esta costa, debe ser por iso que ainda me ten namorado.

Onte o Pesca1 rescatou a un par de homes que lles deu volta a embarcación, por sorte todo quedou nun susto, pero por desgraza ainda hai quen non se toma en serio o mar.

miércoles, 14 de julio de 2010

Futuro

Pese a non estar no meu mellor momento, pese a que as veces todo parece que vai cara atras, ahi estas ti para amosarme que todo vai cara adiante, que o tempo avanza, e que todo e bom.


sábado, 10 de julio de 2010

REFLEXO


En ocasión, vemonos reflexados, vemonos como non somos, vemonos como nos queremos ver, sen decatarnos o errados que estamos.

Alguén dixo que si as circunstancias de un pesan máis ca un, é cando chegan os problemas, habera que observar as circunstancias.

Hai futuro?

jueves, 1 de julio de 2010

Arte_sania


Un pequeno recoñecemento a todas esas mulleres que tenhen a paciencia e a arte no manexo, ben das agullas ou dos bolillos.